O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou este venres a resolución provisional da liña de subvencións pola que a Deputación da Coruña concede 411.445,56 euros en axudas para apoiar a actividade de 26 confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia da Coruña.
Este programa ten o obxectivo de financiar ás confrarías en cuestións coma a contratación de persoal ou a modernización das súas infraestruturas, procesos de produción e comercialización. As subvencións concedidas van desde os 3.808 euros aos 19.500 euros e destinaranse a obxectos como poden ser o fomento da comercialización dos produtos pesqueiros, a revalorización do sistema telemático de poxa, a vixilancia dos bancos marisqueiros ou a produción e comercialización de xeo, entre outros.
Entre os beneficiarios están ubicadas na Costa da Morte sete delas, a AGRUPACION DE MARISCADORAS DO ESTEIRO DO ANLLONS, a COFRADIA DE PESCADORES DE CAMARIÑAS, a COFRADIA DE PESCADORES DE CAMELLE, a COFRADIA DE PESCADORES DE CORME, a COFRADIA DE PESCADORES DE LAXE, a COFRADIA DE PESCADORES VIRGEN DE LA BARCA de muxía e a COFRADIA PESCADORES DE CORCUBION.
| Solicitudes | Importesubvención |
| Beneficiario: AGRUPACION DE MARISCADORAS DO ESTEIRO DO ANLLONS Obxecto: Financiamento parcial do servizo de gardapescas (conservación e control) da agrupación de mariscadoras do esteiro do río Anllóns. | 8.187,51€ |
| Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE BARQUERO BARES Obxecto: ADQUISICIÓN DE SEMENTE DE AMEIXA XAPONESA | 6.720,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE CAMARIÑAS Obxecto: PROXECTO 2021 PRODUCCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE XEO | 18.500,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE CAMELLE Obxecto: ASESORAMENTO ÓS PESCADORES ARTESANAIS E DO MARISQUEO A FLOTE NA CONFRARÍA DE PESCADORES DE CAMELLE | 17.500,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE CARREIRA Y AGUIÑO Obxecto: ADQUISICION DE SEMENTE DE AMEIXA DE POSTA INDUCIDA | 12.000,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE CEDEIRA Obxecto: MELLORA DOS SERVICIOS MEDIANTE O MANTEMENTO DE POSTOS DE TRABALLO | 17.500,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE CORME Obxecto: FOMENTO DA ACTIVIDADE PESQUEIRA-MARISQUEIRA NO PORTO DE CORME | 13.002,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE LA CORUÑA Obxecto: O mantemento dos postos de traballo das traballadoras que desenrolan o traballo administrativo na Confraría de Pescadores da Coruña | 17.500,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE LAXE Obxecto: PROXECTO DE MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DAS ESPECIES DE BAIXO VALOR COMERCIAL DA LONXA DE LAXE 2021 | 18.500,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE LORBE Obxecto: Soldos e Salarios Secretario | 3.808,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE MIÑO Obxecto: Compra de semente, vixilancia e xestión dos bancos marisqueiros, e xestión fiscal e laboral da entidade para este ano 2021. | 16.500,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE MUROS Obxecto: MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS RECURSOS NON MARISQUEIROS. | 17.500,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES DE SADA Obxecto: CUBRIR PARTE DOS GASTOS DO PERSOAL DA CONFRARÍA | 12.600,03€ |
| Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES NTRA.SRA.DE LAS ARENAS Obxecto: REVALORIZACIÓN DO SISTEMA TELEMÁTICO DE SUBASTA DOS PRODUCTOS PESQUEIROS E MARISQUEIROS | 18.500,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES VIRGEN DE LA BARCA Obxecto: Proxecto Servizo de Comercialización e Control de Descargas no Porto de Muxía | 17.500,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA DE PESCADORES VIRGEN DEL CARMEN DE PONTEDEUME Obxecto: Sufragación parcial de gastos salariais e de semente derivados dunha acción de mellora da xestión da comercialización e da produción de moluscos bivalvos | 17.500,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA PESCADORES DE CABO CRUZ Obxecto: MELLORA DA ACTIVIDADE FUNCIONAL DA CONFRARIA E DA LONXA DE CABO DE CRUZ | 16.500,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA PESCADORES DE CORCUBION Obxecto: FOMENTO E MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS PESQUEIROS DO ÁMBITO DA LONXA DE CORCUBIÓN | 19.500,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA PESCADORES DE ESPASANTE Obxecto: Mellora da comercialización dos Produtos Pesqueiros e Marisqueiros da Ría de Ortigueira | 13.680,02€ |
| Beneficiario: COFRADIA PESCADORES DE LIRA Obxecto: SUBVENCION DE PERSOAL PARA NOVAS INICIATIVAS EN RELACION COS PRODUCTOS DO MAR | 18.500,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA PESCADORES O PINDO Obxecto: SubvencIón de persoal para posta en valor do mundo do mar e todo o que o rodea. | 18.500,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA PESCADORES SAN ANDRES Obxecto: PRODUCCION E COMERCIALIZACION DE XEO | 18.500,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA PESCADORES SAN BARTOLOME DE NOIA Obxecto: PERSOAL OFICINA | 18.500,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA PESCADORES SAN TELMO DE MUGARDOS Obxecto: DESENROLO DE TRABALLO PARA ATOPAR NOVAS FORMAS DE COMERCIALIZAR, DAR SAIDA A NOVOS PRODUCTOS E MELLORAR A PRODUCIÓN. | 18.500,00€ |
| Beneficiario: COFRADIA PESCADORES SAN TELMO PORTO DO SON Obxecto: VIXILANCIA DOS BANCOS MARISQUEIROS E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS PESQUEIROS DE DIFICIL SAÍDA COMERCIAL NA LONXA DE PORTO DO SON | 18.448,00€ |
| Beneficiario: POSITO DE PESCADORES DE RIANXO Obxecto: MELLORA DA COMERCIALIZACION NA LONXA DE RIANXO | 17.500,00€ |
Total concedido 411.445,56€