A Policía Nacional incautouse de medio quilo de cocaína e detivo a sete persoas na cidade de Ourense. As sete persoas están acusadas dun delito contra a saúde pública, por presunto tráfico de estupefacientes.Dúas deles seguen nos calabozos da comisaría. Prevese que pasen a disposición xudicial nas vindeiras horas. O resto quedou en liberdade. O caso está baixo segredo de sumario.
Sete detidos en Ourense nunha operación antidroga
Policía Nacional