49
Axentes da Policía Nacional e dos Mossos d’Esquadra detiveron sete ladróns como presuntos autores do roubo de máis de dous millóns de euros en xoias nun taller de Barcelona.
A investigación comezou en febreiro, tras realizaren un burato na parede desde un cuarto de contadores situado nun portal lindeiro cun taller de xoiería.
Xa no interior deste, forzaron unha caixa forte metálica de cuxo interior subtraeron alfaias, reloxos, material e diñeiro en efectivo, por un valor total de máis de dous millóns de euros.
A banda estaba formada por verdadeiros expertos na desactivación remota de alarmas e no manexo de ferramentas capaces de furar cámaras acorazadas de máis de dez centímetros de espesor.