Sete detidos vinculados co alixo de cocaína incautado en agosto en Camariñas

1 minutes read

Sete persoas foron arrestadas en Boiro (O Barbanza), Portugalete e Madrid este martes por estaren, presuntamente, relacionadas cun cargamento de 1.400 quilos de cocaína intervido o pasado mes de agosto no barco nun pesqueiro cando se atopaba amarrado no porto de Camelle, no municipio de Camariñas. Segundo informan fontes xudiciais, non está previsto que os detidos pasen aínda esta cuarta feira a disposición xudicial.

As detencións das últimas horas súmanse á do home arrestado xa en agosto, días despois de ser interceptado o pesqueiro Novo Furuno, supostamente implicado nunha operación de transvasamento de cocaína realizada en alta mar, e do patrón do buque, que se produciu o pasado 30 de novembro. O Novo Furuno, que ten porto con base na localidade de Camelle, en Camariñas na Costa da Morte, é un pesqueiro de casco de madeira de 12,6 metros de eslora que foi dado de alta no rexistro do Ministerio de Pesca en xuño de 1997.

Os axentes interceptaron o barco na contorna do porto de Santa Mariña sobre as 20 horas do 8 de agosto de 2023. O dispositivo contou coa participación do Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado (Greco), da Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco) da Policía Nacional e mais de Vixilancia Aduaneira.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?