Sete empresas ofertan para dixitalizar os números de todas as parcelas de Ponteceso

0 minutes read
  • O Concello agarda licitar o proxecto no mes de xaneiro

Un total de sete empresas presentaron as súas ofertas para poder levar a cabo o proxecto de numeración dixital das parcelas urbanas e rústicas do concello de Ponteceso. O goberno local agarda poder adxudicar o contrato no mes de xaneiro para comezar canto antes co proceso.

Unha vez que se complete toda a numeración, esta farase pública para que os veciños poidan comprobar o traballo e presentar alegacións no caso dalgún erro. O Concello tamén entregará a nova numeración ás plataformas de Google para que apareceran en todos os buscadores.