Sete equipos compiten no torneo de fútbol de peñas ‘Concello da Laracha’

1 minutes read

A edición 38ª do torneo de fútbol de peñas “Concello da Laracha”, unha cita deportiva tradicional de cada verán no municipio, comezará a disputarse nesta fin de semana.

O sistema de competición será por eliminatorias a un único encontro a celebrar nos campos de fútbol Municipal da Laracha e A Porta Santa de Paiosaco.

Neste ano haberá sete participantes, un máis que na edición anterior, e o sorteo do cadro quedou do seguinte xeito:

Cuartos de final

(B): Paiosaco Veteranos – Canteras el Pozo. Sábado 30 de agosto, 19:00 h, Paiosaco.

(A): Paiosaco S.D. – Veteranos Soandres. Domingo 31 de agosto, 10:00 h, A Laracha.

(C): San Román Veteranos – San Ramón Veteranos. Mércores 3 setembro, 20:30 h, Paiosaco.

Exento nesta rolda: Sporting Bértoa da Laracha

Semifinais (domingo 7 de setembro)

Sporting Bértoa da Laracha – Gañador (A)

Gañador (B) – Gañador (C)

Final e partido polo 3º posto (domingo 14 de setembro)

A entrada para o público que desexe asistir aos encontros será libre e gratuíta, tanto nos que se disputen no campo Municipal da Laracha como en A Porta Santa de Paiosaco.