Os talibáns acusaron directamente a Estados Unidos do caos no aeroporto mentres desde Europa chegan as presións a Washington para que amplíe o prazo para a retirada das tropas de Afganistán, permitindo que se poida evacuar a máis persoas. Desde a toma do poder por parte dos talibáns, miles de familias apíñanse no aeroporto internacional para tentar evacuar o país. Miles de cidadáns, unha semana despois de que os talibán tomasen o poder en Afganistán, seguen tentando fuxir do seu país arriscando as súas vidas. 17.000 persoas foron trasladadas a Estados Unidos, a quen a Unión Europea culpa da falta de coordinación nas evacuacións.