Sete persoas perderon a vida, entre elas dous menores, ao bateren no aire un helicóptero e un ultralixeiro en Mallorca. De momento descoñécense as causas do sinistro que está a ser investigado pola Garda Civil e por Aviación Civil.
Ocorreu pasada a unha e media da tarde deste domingo, no termo municipal de Inca, no centro da illa de Mallorca.
Os aparellos implicados son un ultralixeiro que saíra con duas persoas a bordo do campo de voo de Binissalem, a pouca distancia; e un helicóptero, que partira do aeródromo de Son Bonet e levaba un tripulante e catro pasaxeiros, un matrimonio con dous fillos menores.
Non houbo superviventes. Os mortos no ultralixeiro son un valenciano, que o pilotaba, e un amigo seu.
Os restos das naves, que arderon ao caer, quedaron esparexidas en varias propiedades privadas. A presidenta das Baleares acudiu ao lugar do accidente e anunciou que van decretar tres días de loito.