Sete persoas feridas en senllos accidentes rexistrados na A-55 en Mos

1 minutes read
  • Unha persoa foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro e os outros seis feridos foron encamiñados ao Hospital de Fátima

Un total de sete persoas foron evacuadas na mañá deste mércores despois que se rexistrasen distintas colisións por alcance na A-55, ao paso polo concello pontevedrés de Mos.

Segundo a información facilitada aos xestores do 112 Galicia polos membros de Protección Civil da localidade, sete vehículos víronse implicados nun total de catro accidentes á altura da parroquia de San Mamede de Petelos. Unha persoa foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro e os outros seis feridos foron encamiñados ao Hospital de Fátima.

Ás 9:30 horas, o 112 Galicia recibía unha chamada de alerta solicitando medios para un accidente no punto quilométrico 12 da A-55, sentido Vigo.

Ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e de Protección Civil de Mos, ata o lugar dos feitos desprazáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal de mantemento das estradas. Desde o 112 Galicia tamén pasouse aviso aos Bombeiros de Porriño e á Policía Local.