Sétima entrega do ‘Eu Son Camariñas’, con Lucía Baña como protagonista

Lucía Baña_Concello de Camariñas

  • Esta iniciativa mostra cada mes a diferentes veciños de Camariñas que destacan no seu ámbito académico, deportivo, artístico ou social

O Concello de Camariñas publicou a sétima entrega do programa ‘Eu Son Camariñas’, no que se lle dá voz a aqueles veciños que destacan pola súa profesión ou afección. A protagonista deste capítulo é Lucía Baña Ponte, unha avogada de Camelle que na actualidade exerce o seu traballo no bufete coruñés ‘Abrente abogados’.

Durante a entrevista, Baña fala sobre as verdades e os mitos que rodean o seu oficio debido, sobre todo, ao que se pode ver nas grandes pantallas. Percorrendo Camelle tamén aborda cuestións como saltar ao mundo laboral por conta propia ou as dificultades e ilusións da xente máis nova que trata de facerse un camiño.

‘Eu son Camariñas’ é un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. Cada mes hai un protagonista diferente.