Sétima vitoria consecutiva do Deportivo

0 minutes read

O Deportivo segue o seu camiño cara á permanencia despois de xogar, posiblemente, o seu peor encontro na era Fernando Vázquez. Non sufriu moito, pero pasouse gran parte do encontro encerrado na súa área e sen ameazar a un Alcorcón que o tentou de todos os xeitos. Pero a inercia branquiazul é imparable agora mesmo e no último segundo, “sen facer merecementos”, como diría o extécnico deportivista, a frialdade de Gaku e a luva de Keko posibilitaron a sétima consecutiva no minuto 92 cun gol de Koné.