Seúl será a próxima sede da Xornada Mundial da Mocidade en 2027

A próxima Xornada Mundial da Mocidade (XMM) será en Asia, será en Corea do Sur, en Seúl», subliñou o papa Francisco desde o Parque Tezo de Lisboa tras a misa de envío da XMM de Lisboa 2023, ante o aplauso dos mozos presentes, entre os que había grupos de surcoreanos ondeando as súas bandeiras. «Desde a fronteira occidental de Europa trasladarase ao afastado oriente» o que representa, segundo dixo, «un fermoso signo da universalidade da Igrexa». Ademais, o papa tamén citou aos mozos en Roma, en 2025, «para celebrar xuntos o xubileu dos mozos». Foi o principal e esperado anuncio ao final da misa de envío que celebrou ante un millón e medio de mozos en Lisboa, que pasaran toda a noite no parque Tezo de Lisboa, e a eles pediulles que «non teñan medo» que «eles son o futuro».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha