Así o confirmou a Academia Latina da Gravación. O pasado 22 de febreiro xa se anunciou que a cerimonia, que por primeira vez viaxa fóra de EE.UU., tería lugar nunha cidade andaluza. Os Grammy Latinos implican tamén varios eventos da chamada ‘Semana Latin Grammy’, do 12 ao 16 de novembro, todos en Sevilla. A chegada dos Grammy forma parte de un acordo de patrocinio de tres anos con la Junta de Andalucía e a Academia confirmou que o ano que vén non se celebrarán en Sevilla, pero mostrouse aberta a que se celebren en Málaga. Os nominados anunciaranse o martes 19 de setembro. Antes, do 27 de xullo a o 7 de agosto, terá lugar a primeira rolda de votación, e a segunda do 19 de setembro ao 23 de outubro.