Sicilia acolle aos 440 migrantes rescatados polo Sea Watch 3

Desembarcan no porto italiano de Pozallo, en Sicilia, os migrantes africanos rescatados polo Sea Watch 3. Os primeiros en facelo foron os menores non acompañados e as persoas cunha saúde vulnerable. A embarcación humanitaria había rescatado no Mediterráneo, o 24 de decembro, a 440 persoas, en cinco operacións. Tras navegar durante unha semana polas costas italianas, o 31 de decembro autorizouse o desembarco no porto siciliano. O xoves, outros 558 migrantes chegaban ao porto siciliano de Augusta, tras ser rescatados polo barco Geo Barents de Médicos Sen Fronteiras. En 2021 chegaron a Italia 67.040 inmigrantes de maneira irregular, case o dobre dos 34.154 chegados en 2020.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha