33
Siemens Gamesa anunciou o peche da planta das Somozas e o despedimento dos 215 traballadores da factoria. O Goberno central e máis o da Xunta rexeiten o peche e lamentan que se produza, din, «nun momento de expansión do sector eólico en España». As dúas administracións sinalan que traballaron nos últimos días na procura de solucións viables que a empresa desbotou. Siemens Gamesa ten outra planta de fabricación de aeroxeneradores en Castela-A Mancha que tamén pecha.