Silvia Aguete, mellor porteira do mundo

Cedida.

Aos seus 33 anos, a gardarredes do Poio Pescamar e da selección española foi elixida como a mellor do mundo en 2019. Un galardón que concede a publicación dixital ‘Futsalplanet’. En 2018 acabara no segundo posto das votacións, pero en 2019 sobe ata o máis alto da clasificación.  Un 2019 en que  Silvia Aguete se proclamou campioa de Europa, defendendo a portería da selección. Silvia móstrase encantada co recoñecemento. Mágoa que non poida celebralo en condicións.