O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, asegurou este xoves que o feito de que se estean detectando moitos máis casos de coronavirus non significa que non haxa transmisión comunitaria e lanzou unha advertencia: «Que ninguén se confunda, as cousas non van ben». Simón admitiu que é certo que as características dos casos son diferentes, porque a idade media dos afectados baixou aos 35 anos, e que non hai sobrecarga no sistema hospitalario, pero insistiu en que «a medida que aumente a transmisión comunitaria» subirá o número de hospitalizados. «Que non se confunda ninguén, isto non podemos deixar que siga, e agora temos que ser moi conscientes do que temos que facer», recalcou.
34