Simón avanza que se poderá relaxar o uso da máscara en exteriores


Fernando Simón, director do Centro de Alertas e Emerxencias Sanitarias avanzou que esta,  “é unha medida que está esperando moita xente, e é probable que dentro de non moitos días se poida relaxar”. O Goberno recoñece que está estudando levantar algunhas das restricións e medidas de control da pandemia. Fernando Simón calcula que no prazo dun mes se darán as condicións para poder relaxar moitas outras. Iso si, de maneira gradual e, se é necesario, por territorios. “Hai que ter un pouco de coidado; hai que ser optimista, pero tamén ser prudente. Non se pode poñer o carro diante dos bois”, concluíu.