Simulacro de incendio con evacuación nun colexio de Carballo

0 minutes read

Os bombeiros do parque de Carballlo acudiron este venres, preto da unha da tarde, ao CEIP Fogar a realizar un simulacro de incendio con evacuación nas instalacións do colexio. Á súa chegada xa estaban tódolos usuarios do centro no punto de reunión a excepción dunha profesora que foi evacuada por unha fiestra coa autoescada para simular o rescate pola fachada. Todo transcorreu segundo o previsto e ao remate do evento os profesionais de emerxencias explicáronlles aos nenos e nenas os aspectos fundamentais do seu traballo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?