Simulacro en Culleredo do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais

Deste xeito, comprobáronse as capacidades xerais do dispositivo neste tipo de situacións. Así, o distrito forestal II Bergantiños-Mariñas coruñesas puxo a proba a capacitación dos efectivos mediante adestramentos específicos sobre comunicacións Tetra, manobras de autoprotección, coordinación de medios, etc. Tamén se ensaiou a activación da chamada de emerxencia por parte dos profesionais cando se atopan en situacións de perigo.

Este simulacro desenvolveuse no monte Xalo, na parroquia de Celas, onde participaron 2 técnicos, 3 axentes, 3 brigadas e 3 motobombas. Ademais, tamén se despregou persoal de Protección Civil de Culleredo e A Laracha para dar apoio loxístico nas tarefas de extinción.

En definitiva, este tipo de prácticas permiten non só reforzar os coñecementos dos integrantes do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia senón tamén testar a operatividade das tecnoloxías e así familiarizar aos profesionais co seu emprego.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha