A Consellería do Medio Rural declarou como medida preventiva a Situación 2 nun incendio forestal no concello coruñés de Porto do Son, parroquia de Nebra. Esta situación operativa de emerxencia declárase pola proximidade do lume ao núcleo de Queiro.
Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie aproximada de 10 hectáreas, sendo esta medición provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse 1 técnico, 5 axentes, 11 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 6 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.