Situación complicada nas estradas por culpa do temporal

O temporal Dora está a complicar a situación nas estradas galegas, xa causou arredor un cento de incidentes e case a metade están relacionados co tráfico rodado, que se está a ver seriamente comprometido polas precipitacións de neve. A provincia de Lugo é a  máis afectada, con máis dunha decena de vías con compliacións e mesmo restricións para os camións e vehículos articulados. Recoméndase circular con precaución polo corredor Lugo-Monforte, concretamente entre os quilómetros 17 e 40. Na provincia da Coruña a neve tamén orixina problemas de tráfico, sobre todo na N-634 no Apeadoiro e Curtis, nun tramo de 8 quilómetros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha