Sitúan en terra firme a última xeolocalización do móbil do presunto parricida de Tenerife


A última comunicación cos repetidores produciuse ás dúas e media da mañá do 28 de abril nunha praza da localidade de La Laguna, horas despois que o aparello fose xeoposicionado a bordo da súa embarcación. Esta revelación fai verosímil a hipótese de que Tomas Gimeno fuxira aínda que sexa unha posibilidade remota. A xuíza de instrucción inhibiuse en favor dun xulgado específico de violencia machista que se fai cargo da investigación. En todo caso mantense a orde internacional de busca e captura para o pai de Anna e Olivia. A Garda Civil decidiu abrir unha investigación interna para revisar a actuación policial dende que se iniciou o caso e determinar se houbo errores por exemplo por non ter detido o pai antes da desaparición.