Situm gaña un dos premios Galicia Spin-Off, un carballés é o director de enxeñería e operacións

1 minutes read

O obxectivo destes premios Galicia Spin-Off é distinguir ás empresas galegas máis innovadoras, están promovidos polo Banco Pastor e o portal GCiencia.

Como premio á mellor idea emerxente a gañadora foi Situm Tecnologies, nacida da USC, unha compañía tecnolóxica que xa instalou en máis de 70 empresas os seus sistemas de localización en interiores a través de smartphone, e que logra así captar tres millóns de euros para o seu despegamento. Unha inxección de capital que permitirá á empresa acelerar o seu crecemento e expansión internacional.


Situm, fórmao un equipo composto nun 90% por enxeñeiros informáticos e de telecomunicacións que coa súa tecnoloxía de posicionamento en interiores axudan a mellorar a experiencia dos usuarios de hospitais, centros comerciais ou aeroportos; facilitan o tránsito e a asistencia a persoas de mobilidade reducida en diferentes instalacións con gran concorrencia; xestionar persoal de servizos de seguridade e limpeza, ou aumentar a produtividade de activos en industrias 4.0.

Entre os profesionais que forman parte de Situm atópase o xoven enxeñeiro carballés Dario Villar, como director de enxeñería e operacións.

https://situm.es/es/sobre-situm

A súa tecnoloxía xa se despregou en miles de edificios de máis de 40 países, e as súas solucións son empregadas por centos de desarrolladores de todo o mundo, converténdoos nun dos referentes indispensables en solucións de navegación, guiado, seguimento e monitoraxe en interiores.

Reportaxe Canal 24h.