Sobe o prezo do petróleo despois dun presunto ataque a dous buques


Este xoves as autoridades de seguridade marítima británica alertaban dun incidente que afectaba a dous petroleiros no estreito de Ormuz, que separa Irán dos Emiratos Árabes Unidos. Posteriormente un buque de rescate iraniano salvou a un total de 44 membros da tripulación -23 dun cargueiro e 21 do outro-, que foron conducidos sans e salvos ao porto de Jask, na provincia iraniana meridional de Hormozgan.

Os dous barcos implicados son o MT Front Altair, con bandeira das Illas Marshall, e o Kokuka Courageous, de Panamá. Os armadores e mariños implicados ademais do Exército de EEUU considérano un «ataque».

A asociación de petroleiros INTERTANKO expresou a súa preocupación polos ataques e advirte que a subministración de petróleo a Occidente está en risco se a zona vólvese insegura para os buques e as súas tripulacións. Dúas empresas de transporte marítimo de petróleo xa anunciaron que polo momento suspenden as súas actividades na zona.