Soben os contaxios de coronavirus en Euskadi e Aragón

1 minutes read

Preocupan especialmente as cifras ascendentes en Euskadi: 428 novos positivos por PCR, case un 80% máis ca o día anterior, e 60 hospitalizados. A conselleira de Sanidade fala xa dunha segunda vaga epidémica.

Aranda de Duero súmase a Íscar e Pedrajas, que desde o sábado día 1 están en fase 1.

Aragón segue a ser a comunidade con máis novos casos diagnosticados. Segundo os últimos datos publicados, rexistráronse preto de 400 novos positivos. En Huesca, multiplicaron por catro os contaxios.

O Goberno rexional anunciou máis restricións e medidas de control dos positivos sobre todo en Zaragoza, a cidade máis afectada.