Sofán prepara a IV Festa do Cocido

A cita gastronómica está organizada pola asociación de veciños coa colaboración do Concello de Carballo. E para que ninguén perda a oportunidade de asistir a un dos eventos gastronómicos e lúdicos máis agardados da temporada, os promotores desta iniciativa decidiron adiantarse ao Entroido e ás comilonas propias destas datas cunha celebración por todo o alto que terá lugar o día 1 de febreiro e na que, ademais de degustar un suculento cocido, poderás bailar, cantar e ata participar no concurso de disfraces para nenos/as e adultos que terá lugar pola tarde e co que poderás gañar grandes premios. Se estás interesado/a en asisitir, chama canto antes aos teléfonos 638 261 459/ 696 676 704/ 637 216 380 e reserva xa a túa entrada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha