Sogama | A planta de tratamento de residuos máis moderna, eficiente e sostible de Europa


O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, compareceu en sede parlamentaria para facer balance da actividade desta empresa pública durante os últimos anos; un traballo que lle permitiu posicionarse como a máis moderna, eficiente e sostible de Europa no seu sector.

Domínguez incidiu no cambio que supuxo para Galicia a entrada en escena da Sociedade Galega do Medio Ambiente, pois, de padecer os negativos efectos de 300 vertedoiros municipais diagnosticados na década dos 90, que non cumprían coas mínimas condicións de seguridade e control, hoxe Galicia pasou a contar cun Complexo Medioambiental modélico, localizado en Cerceda, equipado coas tecnoloxías máis innovadoras e respectuosas coa contorna e a saúde das persoas.