Sogama | A planta máis eficiente de Europa, segundo a Xunta

Foto.- Cedida.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, interveu no pleno do Parlamento, onde reiterou que se trata dunha instalación que dá servizo ao 94% do concellos galegos cumprindo con todos os requisitos medioambientais, rigorosas medidas de prevención e coa Lei de contratos do sector público. “Sogama traballa coa máxima pulcritude, co máximo control e responsabilidade”, engadiu. A conselleira afirmou que Sogama é a planta de tratamento de lixo máis eficiente de Europa, cunha capacidade de ata 3 millóns de quilos de residuos urbanos ao día, e con tecnoloxía de vangarda e de última xeración que permite manter todas as súas emisións por baixo dos límites. Cada xornada se tratan no complexo de Cerceda máis de 2,2 millóns de quilos de residuos, que na época estival pode acadar picos de ata os 3 millóns. “A planta está operativa as 24 horas do día, os 365 días do ano“, defendeu Ángeles Vázquez.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha