Sogama impartirá este luns unha sesión informativa na Laracha

  • Será na Casa da Cultura a partir das 11:00 horas con motivo da celebración da Semana Europea da Prevención de Residuos, e vai dirixida a todos os públicos.

Desde este sábado e ata o 24 de novembro celebrarase a Semana Europea da Prevención de Residuos. Con ese motivo, Sogama ten previsto o desenvolvemento dunha serie de actos relacionados coa comunicación e a educación nesa materia.

Un deles desenvolverase este luns na Casa da Cultura da Laracha a partir das 11:00 horas. Será a iniciativa Corta polo san! Reduce Residuos, unha sesión informativa na que se inclúen actividades presenciais e en liña co obxectivo de seguir contribuíndo á formación dos cidadáns no consumo responsable e a menor xeración de refugallos en orixe.

O acto vai dirixido a todos os públicos, sendo a entrada libre e gratuíta.

+Info sobre Corta polo san! Reduce Residuos: http://www.sogama.gal/gl/campanha/corta-polo-san-reduce-residuos

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha