Sogama licita as obras de execución de novos puntos de transvase para a materia orgánica


No marco da nova rede galega de infraestruturas para a valorización da materia orgánica mediante a súa conversión en compost, Sogama licita por un importe de 2.708.585 euros as obras de execución de novos puntos de transvase da fracción orgánica contida nos residuos urbanos (FORSU) nun total de sete plantas de transferencia.

Trátase das instalacións localizadas en Lugo, Narón, San Cibrao das Viñas, A Rúa, Silleda, Vigo e O Porriño, cuxa licitación de aglutina en cinco lotes. O primeiro suma ás plantas de transferencia de Lugo e Narón; o segundo, ás de Silleda e San Cibrao das Viñas; o terceiro, á planta de Vigo; o cuarto á do Porriño; e o quinto, á planta de transferencia da Rúa.