Sogama rebaixará o canon que aplica aos concellos adscritos ao seu sistema ata nun 21%

Así o confirmou o presidente de Sogama, Javier Domínguez, en concreto, a empresa pública rebaixará este ano o canon aos 295 concellos adscritos ao seu sistema nun 5%, o que suporá pasar dos 69,48 €/tonelada de 2021 aos 66,00 €/tonelada do presente exercicio.

Así mesmo, tamén manterá a bonificación do 10% aplicada desde fai xa tres exercicios a aqueles entes locais que, téndoa solicitado, acrediten o cumprimento dos requisitos esixidos, isto é, promover a menor produción de residuos e/ou a reciclaxe dos envases lixeiros depositados no contedor amarelo, e trasladar a rebaixa aos recibos dos cidadáns. Neste caso, o canon situarase en 59,40 €/tonelada.

Tendo en conta estas dúas deducións e que, adicionalmente, Sogama non aplicará o IPC correspondente a 2022 —6,5%—, a rebaixa total podería chegar ao 21%, o que se traducirá nun importante aforro para os galegos.

Así se recolle na resolución publicada este venres no DOG sobre o importe do canon unitario de tratamento por tonelada de residuos domésticos e a bonificación deste ano.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha