Sogama tratará a xestión de cinco toneladas diarias de residuos sanitarios

1 minutes read

Serán principalmente mascarillas, guantes e equipos de protección individual que se consideran un residuo non perigoso; procedentes de sectores ou actividades con baixa probabilidade de exposición, que deben ser almacenados en bolsas específicas e depositados en caixas de cartón precintadas no punto de orixe. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez visitou este martes as instalacións de Sogama en Cerceda nas que se definiu unha área específica para o pretratamento, onde se procederá á trituración e acondicionamento dos mesmos para que poidan ser destruídos na planta termoeléctrica a temperaturas superiores a 850ºC, garantindo así a eliminación de patóxenos e outros elementos nocivos. Tal e como explicou a conselleira, os residuos sanitarios que chegarán a Sogama están catalogados como clase II e clase III, presentando moi baixo risco de infección; mentes que os de clase IV, é dicir, os citotóxicos e citostáticos, e os de clase V (outros residuos perigosos), seguirán o seu propio curso desde os centros dependentes do Sergas a xestores autorizados.

Declaracións en Sogama da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.