38
A asociación SOS Desaparecidos, pide a colaboración cidadá para atopar a José David Caeiro Vázquez. É veciño de Vigo, ten 34 anos e falta da súa casa dende o pasado domingo. Mide 1,73, ten o pelo e os ollos castaños e é de complexión delgada. SOS Desaparecidos facilitou dous números de teléfono -642 650 775 e 649 952 957- e un correo electrónico para que calquera persoa que teña información sobre o paradoiro do desaparecido se poña en contacto coa asociación; mentres que a Garda Civil lembra que tamén poden chamar ao 062, 091 e 112.