Solicitan a declaración de festa de interese turístico de Galicia para a Festa da Lamprea do Ulla

1 minutes read

O Concello de Pontecesures celebrou este xoves unha sesión plenaria extraordinaria na que se deu o visto bo a tres proxectos, nos tres casos cos votos a favor de PP e PSOE e a abstención do BNG.

Así, o Pleno de Pontecesures aprobou solicitar a declaración da Festa da Lamprea do Ulla como festa de interese turístico de Galicia xa que “cumprimos con todos os requisitos: é unha festa con arraigo entre a poboación cesureña, que se leva celebrando dende hai 25 anos, que ten demostrado o seu valor cultural e a súa singularidade, sobre todo nas artes de pesca da lamprea”, explicou o alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage. Uns puntos que quedaron acreditados na memoria explicativa aprobada esta mañá e que será remitida á Xunta de Galicia para a tramitación do procedemento.

Vidal Seage indicou que o recoñecemento de festa de interese turístico de Galicia suporá “un elemento dinamizador a nivel turístico e económico. Será un paso adiante para a Festa da Lamprea do Ulla de Pontececesures e un elemento diferenciador con respecto a outro tipo de degustacións que se levan a cabo na contorna”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?