Solicitan a integración no Corredor Atlántico a conexión ferroviaria entre Ferrol e A Coruña


A Xunta solicitou ante as autoridades comunitarias que a conexión ferroviaria entre Ferrol e A Coruña se integre como parte do Corredor Atlántico de Mercadorías e se transforme en competitiva.

Así llo trasladou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, ao alcalde de Ferrol, Ángel Mato, nun encontro de traballo no que tamén participou o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor. Vázquez Mourelle cualificou de oportuna esta reunión ao estar previsto o vindeiro venres un novo encontro entre o presidente da Xunta e o ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, no que figuran asuntos que afectan directamente a esta cidade.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade comunicoulle ao rexedor que o Goberno galego demandou ante as autoridades comunitarias a ampliación do trazado do Corredor Atlántico para que chegue a Ferrol, unha demanda que, de ser aceptada pola UE, abre posibilidades de financiamento para modernizar a conexión ferroviaria Ferrol-A Coruña.