Solicitan unha revisión da sentenza do condenado polo crime de Cabana

1 minutes read

A defensa solicitou a nulidade do xuízo que condenou a Julián Gil Pose o pasado mes de xuño a 26 anos de cadea e 10 de liberdade vixiada polo asasinato da súa muller Ana Belén Varela ou, no seu defecto, a redución da condena imposta a 15 anos de prisión por homicidio. No seu escrito, a defensa argumenta que o home non actuou nin de forma premeditada nin con aleivosía. Mantén, ademais, que na setenza da Audiencia Provincial non se tiveron en conta atenuantes como o arrebato ou a embriaguez do home. Pola súa parte, o avogado da acusación particular, explicou que “o que a defensa pretende é anular a sentenza, porque entende que non está debidamente motivada, que o xurado non xustificou a condena. E senón, rebaixar a condena a quince anos de prisión. Piden que se retiren as agravantes e que se recoñezan as atenuantes da defensa. Este é en esencia o recurso”.