Esta acción enmárcase dentro do plan de recuperación desta especie promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a axuda de entidades colaboradoras como foi neste caso a Sociedade Galega de Historia Natural. Concretamente forma parte do programa de conservación que se vén desenvolvendo mediante a incubación e cría en catividade no Centro de Recuperación da Fauna Silvestre de Oleiros. Alí se criaron esta campaña 40 polos desta especie -12 soltáronse nas dunas de Corrubedo, tres na praia de Vilarrube (Valdoviño) e os 25 restantes no areal de Esmelle, os seis últimos da campaña este martes-. O obxectivo do proxecto é que a píllara das dunas volva recolonizar o norte da provincia da Coruña onde se ten detectado un descenso da poboación nos últimos anos, segundo explicou a bióloga da USC, María Vidal Malde.
18