Solucionada a incidencia na agua no CEIP Vilarmide Eduardo Noya de Muxía

1 minutes read

O Goberno local de Muxía emitiu un comunicado informando que actuou seguindo estrictamente os protocolos de seguridade para solucionar en dous días a situación da agua no CEIP Vilarmide Eduardo Noya, solventado a incidencia o 10 de xaneiro.

“Actuamos en canto tivemos coñecemento da situación e seguindo as analíticas e os informes oficiais. En apenas 48 horas estaba solucionada a incidencia”, indicou o alcalde, Iago Toba.

“Politizar os colexios non da resultado, como xa o demostraron os populares  de Muxía co CEIP dos Muíños”, engade o rexedor que amosa a súa “preocupación pola deriva e a falta de altura de miras da oposición que pretende manipular e sacar rédito destas situacións e a costa de alertar a pais e nais”, engade o rexedor.

“Preocúpame a deriva e a baixeza moral tanto de PP como de BNG, que parécense cada vez máis na forma de facer e de entender a política. Este equipo de goberno vai seguir traballando por e para Muxía e, una vez máis, a verdade e os informes desmontan a manipulación”, remata o rexedor.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?