Sometida a información pública unha senda peonil no Couto en Ponteceso

1 minutes read

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou este venres no Diario Oficial de Galicia o procedemento polo que se somete a información pública a execución dunha senda peonil na travesía da estrada AC-424 ao seu paso polo Couto, no Concello de Ponteceso, cun investimento duns 270.000 euros.

Trátase de construír un itinerario peonil por ambas as dúas marxes da travesía desta estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 1+090 e 1+543, incluíndo unha zona de aparcadoiro e o reforzo da sinalización existente.

No proxecto redactado polo departamento de Infraestruturas da Xunta tómase en conta o reducido espazo dispoñible entre edificacións neste tramo, para o que se propón o estreitamento da calzada existente. Deste modo, de xeito xeral, acádanse 1,5 metros de ancho de senda para paso das persoas.

Segundo recolle o proxecto a información pública, reservase tamén unha zona de aparcadoiro e tamén se instalan baixo a senda canalizacións para telecomunicacións e iluminación e realizarase unha renovación completa da rodadura da calzada.

Co remate das actuacións, a sinalización nesta travesía da AC-424 prevé a limitación de velocidade a 40 km/h debido ao estreitamento da calzada e co obxectivo de preservar e manter a seguridade viaria.

Ademais, proxéctase un reforzo da sinalización do tramo e na glorieta do punto quilométrico 1+550.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?