Dentro da programación de prevención no ámbito educativo, a asociación Vieiro está a desenvolver o programa de habilidades socioemocionales: “Somos hábiles” co alumnado de educación secundaria de Carballo.
Este programa está destinado a adolescentes con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos que cursan ensino secundario, que se atopan en pleno proceso de desenvolvemento físico e emocional e que empezan a tomar decisións que marcarán o resto da súa vida. O desenvolvemento deste tipo de habilidades considérase unha estratexia para previr condutas de risco, reducir a violencia escolar e adestrar aos mozos para que tomen decisións de maneira asertiva e responsable.
Este programa consiste na realización de talleres de aprendizaxe teóricos-prácticos co obxectivo de aprender ou modificar as habilidades socioemocionales do alumnado a través da instrución teórica de conceptos clave e a posta en práctica, tanto na aula como na vida real, do aprendido.
Os obxectivos que persegue “Somos hábiles” son:
- Adquirir un maior coñecemento das propias emocións
- Fomentar a capacidade de comprender e regular as propias emocións
- Desenvolver o propio autoconcepto e unha autoimagen positiva
- Potenciar actitudes de respecto e aceptación sobre a propia singularidade e a dos/as demais
- Desenvolver competencias para a resolución positiva de conflitos
As temáticas que se abordan neste programa son, entre outras, autoestima, autoconcepto, xestión de emocións, intelixencia emocional, empatía, estilos de resposta; pasividade, agresividade ou asertividade, resolución de conflitos, comunicación, autoafirmación, etc. A profesional encargada de impartir o programa é a educadora social Tamara Rodríguez Pereira.
A asociación Vieiro agradece de novo a excelente disposición dos centros educativos, así como todas as facilidades dadas polos equipos directivos e claustros de profesores/as para poder levar a cabo este programa.