Somos rúa, facemos arte. Do 27 ao 29 de decembro en Carballo


Este xoves tivo lugar a presentación oficial no Concello de Carballo, alí estiveron na rolda de prensa o Alcalde, Evencio Ferrero; o Concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira; a coordinadora do proxecto, Paula Cabaleiro; e os artistas Andrea Torres e Roi Domínguez, responsables de dúas das pezas escultóricas que se realizarán durante o evento.

Na Praza do Concello (no Mercado en caso de condicións meteorolóxicas adversas) será a terceira edición de Somos rúa, facemos arte, un programa de achegamento á creación artística no que se “fai arte” no espazo público. Arte contemporánea, música e danza en tres días intensos entre o venres 27 e o domingo 29 de decembro, nos que haberá tamén citas para nenas e nenos, que poderán participar na realización de esculturas colaborativas.

Promo do Programa.