Somoza busca apoios en Cee en base á loita extrainstitucional dos últimos anos

Na tarde deste xoves celebrou o acto de peche de campaña o candidato de Unión Cidadá Galega á alcaldía de Cee, Víctor Somoza.

Somoza comentou todo o traballo desenvolvido pola súa formación nos últimos catro anos, aínda sen ter representación na corporación municipal, á que acusou íntegramente de ser parte “dun xogo de trileros”.

Resumiu as bases do seu programa en torno á creación de traballo e servizos sociais. 

Somoza solicitou o arranxo do Centro de Saúde e a creación dunha serie de concertos con colexios profesionais “e que se deixen de tirar pelotas entre a Xunta e o Concello”. Tamén fixo referencias ao polígono de bateas, á potenciación do mercado dos domingos “que está morrendo como xa o fixo a feira do gando”, ou á solicitude dunha oficina de DNI e pasaporte.

Víctor Somoza cargou duramente contra a totalidade da corporación por non apoiar un plan de desenvolvemento para Cee solicitado á Xunta e centrado nos centros de día e de noite e o xeriátrico, algo que Somoza considera viable porque “existen fondos europeos para tal fin”.

Non reparou o candidato en cuestionar as propostas electorais doutras formacións, como a creación dun mercado turístico, medida do Partido Popular. Somoza cuestionou esta liña nun concello “onde hai turismo dous meses ao ano cando hai bo tempo”. Nese sentido propuxo cambiar a normativa para abrir o mercado a outras actividades económicas.

Críticas a un xornal

O candidato amosouse moi crítico coas informacións verquidas polo un xornal de referencia, ao que acusou de vender fume e de deberse ao Partido Popular, e personalizou na figura dun xornalista local por criticar con descoñecemento e practicando a desinformación. Somoza asegurou que parte do seu programa electoral está avalado por especialistas de diversos ámbitos como biólogos ou enxeñeiros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha