«Son de Cabana» cántalle á marea violeta

O grupo Son de Cabana, versiona ao galego a canción da artista Rozalén (La Puerta Violeta). Rozalén, ademais dunha extraordinaria artista, é unha importante activista social, defendendo coa súa música os dereitos das minorías, das mulleres e das comunidades máis desfavorecidas. Sobre o escenario, sempre está acompañada por Beatriz Romero, intérprete de lingua de signos, desta maneira, defende un espectáculo inclusivo e dirixido a todo o mundo.

A mestra, artista e animadora cultural, Silvia Losada, acompañada de vinte e dúas mulleres máis, interpreta extraordinariamente, unha versión en galego deste tema de Rozalén, «A Porta Violeta». O Proxecto está financiado con cargo aos créditos recibidos do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade (Secretaría de Estado de Igualdade), e conta coa colaboración do Concello de Cabana de Bergantiños, emprazamento onde foi gravado este vídeo dirixido e realizado por Omar Rabuñal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha