- Estaba todo milimetricamente preparado, postos pintados, ampliación da plantilla operativa da Policía Local, colaboración de Protección Civil e confirmada a asistencia de 55 postos de venda.
- A confusión xerada entre a Xunta e o Goberno central deixa aos concellos a expensas do que decidan ata última hora.
Este mércores arredor das 8 da tarde, o Concello de Carballo recibía un comunicado da Subdelegación do Goberno, que trasmitía aos feirantes, no que se lles indicaba que non se podía celebrar o mercado deste xoves na Praza do Concello. Sorpresa e decepción por parte de todos os afectados do que ía ser a esperada primeira feira organizada despois do confinamento, e incluso autorizada pola Xunta o pasado luns día 4. Dende o Concello apuntan que «quen ten a potestade de decidir se se celebra a feira ou non é o Goberno central» polo que a suspensión era irrenunciable.