Sorte dispar para o CB Laracha

Senior femenino:
CB LARACHA NOVA FACIAL 48- 61 BASQUET CORUÑA 

Primeira derrota do equipo senior femenino  marcada pola falta de intensidade do equipo local e o xogo rápido do visitante. O encontro comezaba cun Basquet Coruña rápido en ataque e forte en defensa debilitando ao equipo local no seu ataque e conseguindo unha vantaxe no primeiro cuarto de 10 puntos. No segundo cuarto, as larachesas aumentan o ritmo de xogo subindo a intensidade defensiva e rematando algúns ataques de forma favorable. Deste xeito remata o segundo cuarto con 14 puntos pola man do equipo local e 13 do equipo visitante.Tras o paso polos vestiarios, as de Alberto Vázquez comezaron na mesma liña que no segundo cuarto, no obstante as coruñesas tamén aumentan o ritmo, conseguindo gañar o terceiro cuarto a 12-19. Finalmente, no último cuarto o equipo local intentou poñer todo o seu esforzo para diminuír a distancia no marcador mais non foi suficiente e rematou este encontro cun desfavorable 48-61.


Senior masculino:
CB Laracha M3, 123 – 54 C.B. Arteixo Duacode

Primeiro partido e primeira victoria do conxunto larachés no comezo da temporada 2019/2020. O conxunto de Javier Cotelo encontrouse a un rival que permitiu xogar en velocidade, cos contraataques e un decente xogo interior. Sen ningunha controversia os laracheses dominaron o marcador dende o minuto 1, acabando o primeiro cuarto con 38 puntos. A tónica do partido seguiu sendo similar ata chegar a cifra de 123 puntos. Bo comezo do C.B. Laracha M3 que na próxima xornada enfróntase ao rival directo Moneyball Coruña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha