Sorte dispar para os equipos do CB Laracha

2 minutes read

SENIOR MASCULINOC.B. LARACHA M3 81 – 39 CAMBRE

Último partido da tempada regular e cunha victoria cómoda pero con pequenos trances no arranque do encontro. O C.B. Laracha tras entrar en ritmo non tivo problema en crear vantaxe pero os primeiros momentos foron unha fantasía para o equipo rival, creando e fallando moitas canastras fáciles que facían que Cambre se puxera por diante ao final do primeiro cuarto. Situación que durou pouco xa que os seguintes parciais foron 22-12, 26-5 e 22-7.O equipo larachés consegue unha plaza para os play-offs clasificatorios á fase de ascenso.


SENIOR FEMENINOCOMPAÑÍA DE MARIA 73-61 CB LARACHA NOVA FACIAL

O encontro comezaba cun CB Laracha corto en ataque e frouxo en defensa, provocando que as locais gañaran distancia no marcador. A pesar diso antes de rematar o primeiro período as sénior aumentaban as súas forzas e conseguían acabar o primeiro cuarto, moi axustado, cun 18-17 no marcador.No segundo cuarto, as larachesas continuaban cun bo ritmo de xogo mais o equipo contrario seguía pelexando mantendo unha distancia curta no marcador.  Tras o paso polos vestiarios, as de Alberto Vázquez comezaban máis intensas para intentar conseguir levar a vitoria. Deste xeito grazas a varias canastras da man de Irene Velo remataba o terceiro período cun parcial de 22-21. Finalmente, o último cuarto acababa de forma desfavorable debido ao cansazo acumulado das sénior, que a pesar de ser 7 demostraban as súas mellores ganas e loitaban ata o final.


CADETE MASCULINO Laracha 43-77 Compañía de María.

O partido deste domingo foi un encontro que ben podríase nomear de «vistoso», pois estibo axeitado en intensidade, xogo, defensa, táctica e carencia de faltas por parte de ámbolos dous equipos. Inda que a Compañía de María estivo diante  dende o comenzo nos puntos, non perdimos por ningún intre o tesón maila esperanza de poñernos por riba deles no marcador hasta ben entrada a terceira parte,  que como soe estar pasando nalgúns encontros anteriores por mor do cansancio por falta de xogadores para os cambios o asistir tan só sete rapaces, os partidos escápasennos nos últimos momentos. Destaca a millora de traballo en equipo, a actitude dos xogadores mailo bo facer do entrenador.


INFANTIL MIXTO Laracha 68-27 Cee.

Xogaron contra un equipo que non se amedrentou en ningún momento, inda así gañaron na casa por una vantaxe moi amprla. Loitaron máis ca Cee, tiveron máis actitude, estiveron máis alerta e millor na defensa e tamén atacaron cunha velocidade endiablada. Cabe destacar o regreso a este encontro de Sito como adestrador provocando nos nenos unha ledicia e gañas de demostrarlle a él o que son capaces de facer. En resumen, un partido moi vistoso, con boas xogadas, poucas faltas, cun bó ambiente na pista, no banquillo e nas gradas. Esperemos proseguir neste camiño as victorias e que dure moito tempo.