Sorte dispar para os equipos do CB Laracha


Non puido ser, o C.B. Laracha M3 volve a coñecer o sabor da derrota despois de oito xornadas consecutivas, C.B. LARACHA M3 79 – 93 C. B. MONEYBALL CORUÑA, nun partido intenso no que cada erro conseguía crear vantaxe ao equipo visitante, conseguiu o Laracha levar a dianteira ata o terceiro cuarto, no cal dúas accións sen frutos e os coruñeses acertados de cara o aro conseguiron sacar proveito neses minutos. Tras eses momentos os laracheses non conseguiron igualar a constancia e intensidade dos visitantes que cerraban o marcador con catorce puntos de diferencia; marcador pouco real da igualdade que se viu durante todo o encontro agás nos últimos minutos. Na próxima xornada toca xogar o derbi do ano, co Xiria Artai.

Senior Feminino: Santo Domingo Betanzos 53 – 72 CB Laracha Nova Facial.

Este domingo o CB Laracha Nova Facial desprazábase a Betanzos para xogar o último partido da primeira volta da competición. O partido acudiron 7 xogadoras locais, pois contaban coas baixas de Mili, Lucía Tusset, Jessi e Renata. Tras os primeiros minutos de xogo unha lesión provocaba que Lucía Graña tuvera que abandonar a pista de xogo moi ó seu pesar e ó das suas compañeiras.

O Laracha comenzaba con gran acerto no tiro exterior, dominado pola base Irene. Continuou con esa liña durante todo o encontro, procurando ataques rápidos. Lucía Díaz dominou o rebote durante a meirande parte do encontro, xerando segundas oportunidades ás nosas locais.

O partido finalizou con victoria para o Laracha, o que as manten na parte alta da táboa.