Sorte dispar para os equipos do Grupo Lemaco Xiria


O Grupo Lemaco “A” obtén unha vitoria en Bueu. 9ª Xornada da Liga Ouro Cadete Masculino. Bueu Atlético Balonmán 38 – Grupo Lemaco Xiria A 49  (20-25)

No peche da primeira volta o Grupo Lemaco amosou unha das súas mellores caras en Bueu, dominando o partido dende as primeiras accións de xogo, nun encontro marcado pola velocidade das accións no que os ataques a penas duraban poucos segundos.

Moi resolutivo de cara a portería contraria pero a vez moi permisivo pechando a súa defensa, o que levou o marcador a moitos goles nun partido moi vistoso, o Xiria dobregou a un rival incómodo na súa pista, e afronta a segunda volta con boas sensacións.

O Culleredo supera ao Grupo Lemaco “B” na Liga Prata. 8ª Xornada da Liga Prata Cadete Masculino. Culleredo Remax Riazor 46 – Grupo Lemaco Xiria B 41 – (23-19)

Cando os ataques de ambos equipos se impoñen ás defensas e por encima imponse un ritmo alto de partido, o marcador alcanza grandes números, pero o partido vóltase vistoso para o espectador.

Así foi, partido intenso e con moitas gañas de correr, transicións rápidas e un pouco maior acerto de cara gol para os de Culleredo, que acabaron impoñéndose na recta final dun encontro igualado. Encontro para sacar moitas conclusións e ir medrando como xogadores.