Sorteadas as prazas nos campamentos de verán para mozos de entre 9 e 17 anos

A Consellería de Política Social e Xuventude realizou o sorteo das prazas en campamentos de verán para mozas a mozos de entre 9 e 17 anos. O programa de actividades da campaña deste ano, que ten como lema O verán que queres contar, comezará no vindeiro mes de xullo e será a maior oferta da historia de Galicia cun total de 10.800 prazas.

A meirande parte das prazas quedaron cubertas, tan só quedaron 58 vacantes, que sairán a un proceso de acceso libre nas vindeiras semanas. Neste senso, o 75% das persoas que presentaron solicitude ten praza adxudicada ou está en lista de agarda. Con respecto ás prazas reservadas a nenos con discapacidade, todos os solicitantes obtiveron unha praza ou están en lista de agarda.

As persoas que resultaron adxudicatarias dunha praza deberán presentar, no prazo de cinco días hábiles desde o día seguinte ao da realización do sorteo, e preferiblemente por vía electrónica, unha serie de documentación complementaria para formalizar a praza. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha